quarta-feira, 18 de abril de 2018

MEMORIAL LABIRINTO EM PORTUGUÊS

O MEMORIAL LABIRINTO É UNHA INTALACIÓN ARTÍSTICA SOBRE UN SITIO ESPECÍFICO, EXPOSICIÓN OU TERRENO AXARDINADO... OU BEN UNHA SENDA VIRTUAL ONLINE, que representa o camiño arquetípico da nosa vida ao longo de 110 estacións, cunha imaxe e un texto SUXERENTE guiando o sentido de cada unha. TRÁTASE DUN INSTRUMENTO ARTÍSTICO DE TOMA DE CONSCIENCIA sobre toda nosa camiñada evolutiva, onde cada un pode encaixar o memorial dos momentos intensos dos septenarios da súa propia vida.

Manuel Castelin  recebeu a inspiración do Memorial Labirinto durante un traballo chamánico en Mapiá en 1989, no interior profundo da selva amazónica brasileira, con a cal pintou  as 110 ESTELAS DO PEREGRINO, cadros ou cartas que deran lugar a muitas exposicións de pintura en Europa e América, a primeira delas, a da Estación Marítima de Vigo, durante o magno evento "AFROAMERICA 1992", acompañada do Concerto Sincrónico "Secretos Vexetais", no cal improvisou seis grandes CADROS-ESTELAS en unha hora, ante numeroso público, sobre un escenario exterior, danzado cos seus pinceis sobre o son en vivo do grupo brasileiro de Dércio Marques.

As ESTELAS o inspiraron a escreber varias obras literarias e a intentar materializar a senda laberíntica en diversos lugares, ata que finalmente conseguiu realizála e aprofundar nela en 2013, no RETIRO DESPERTAR, de Sao Thomé das Letras, estado de Minas Xerais, atraente localidade moito coñecida como a "Montaña Máxica do Brasil".

Aquela realización sobre un terreno e o seu recorrido frecuente inspirou moitos outros traballos do artista nos cinco anos seguintes, ata 2017, entre eles as CARTAS DO DESPERTAR, as CARTAS-GUÍA AOS MISTERIOS DE SAO THOMÉ DAS LETRAS e AS CARTAS-GUÍA DO CAMIÑO DAS ESTRELAS, con referencia âs estacións do Camiño de Santiago.

Retornado a Vigo en Outubro de 2017, para cuidar da súa nai anciá, Castelin converteu o MEMORIAL LABIRINTO físico nunha SENDA VIRTUAL EN INTERNET onde cualquer persona poidese tomar consciencia da tónica evolutiva da sua propia vida. Ao rechear o labirinto con suas propias memorias de 68 anos de vida, quedou configurado o MUSEU VIRTUAL MANUEL CASTELIN, que serve como exemplo a quen o queira, para crear seu MEMORIAL PERSONAL, utilizando a estructura que aquí se ofrece gratuitamente a todos, e que xa foi moito positivamente probada polo autor, con muitos brasileiros, como ARTE DESPERTADORA DE AUTOCONSCIENCIA, o cal foi sempre o obxectivo fundamental buscado por este artista.



OFRECEMOS AGORA DUAS OPCIÓNS: 

1ª- CLIC AQUÍ, MEMORIAL CASTELIN, QUEN QUEIRA TER UN EXEMPLO CONCRETO do que pódese facer coa estructura do Labirinto. 

2ª- QUEN DESEXE COMEZAR XÁ A CONSTRUIR CREATIVAMENTE, SEN EXEMPLOS, SEU PROPIO MEMORIAL, CLIC AQUÍ, PARA ENTRAR NA PÁXINA "MEMORIAL LABIRINTO PERSONALIZADO".